Outras Actividades que se desenvolveron ao
 longo do curso 17-18 no noso centro 
IES Parga Pondal, dentro  do proxecto  de 
Mediación e Convivencia:
        En colaboración
coa asociación carballesa Vieiro, desenvolvimos un curso para traballar as habilidades
Sociais e así favorecer a integración do alumnado na vida do centro. 
Tamén contado co apoio de Vieiro e os Servizos Sociais do concello,  puxemos  a
andar un programa de apoio ás familias que procura contrarrestar as
problemáticas familiares diversas que se poden dar no entorno mais
cercano do alumno e que lle afecta persoal e académicamente  (por
exemplo, o uso indebido e abusivo das novas tecnoloxías, ...).Asimesmo,con profesorado voluntario que traballa persoalmente co alumnado que pode presenta conductas contrarias á convivencia, búscase reconducir a súa actitude por medio de actuacións que promovan á reflexión e o alumno ou alumna, tome conciencia e recapacite sobre a súa actitude.
        O departamento de
Mediación encargado da convivencia escolar no IES Parga Pondal,
agradecemos a implicación  de profesorado, alumnado e familias
ademáis de axentes externos como Vieiro ou os Servizos Sociais do
concello. Pois  entre todos  buscamos construir unha convivencia na
comunidade educativa baseada na tolerancia e no respeto á
diversidade. 
        É importante facer visible este traballo que desde moitos
centros de ensino en Galicia se está a desenvolver e que dá moi bos
resultados na mellora do clima escolar;  sobre todo cando 
aparecen  novas e artigos sobre violencia na escola que crean a
sensación de “xeneralidade” e transmiten moita preocupación ÁS
FAMILIAS.