martes, 25 de marzo de 2014

O dificil reto de educar na adolescencia. Charla de Carmen Loureiro




A Charla de Carmen Loureiro tivo moito éxito entre os pais e nais do noso centro.

Mantendo que, "educar na adolescencia é un encaixe de bolillos complicado", deu unha serie de pautas para facelo. Entre elas:

- Hai que saber cando dicir si e cando non, sen caer en trampas ou chantaxes emocionais, sen crear mozos ou mozas que non resistan a frustración.

- Hai que traballar a educación emocional dos adolescentes , sobre todo a capacidade de buscar solucións por si mesmos.

- Hai que  traballar a empatía e a asertividade.

Deixounos claro que educar é unha cuestión que afecta a toda a sociedade e insistiu na importancia da unión dos  pais e o profesorado no obxetivo común de educar aos rapaces e rapazas.

Desde o Departamento de Mediación do IES Parga Pondal, dámoslle as grazas a Carmen Loureiro.

martes, 11 de marzo de 2014

ACTIVIDADES DURANTE A SEMANA PARA O ALUMNADO, O PROFESORADO E AS FAMILIAS

Nesta semana terán lugar no noso centro varias actividades dirixidas a os diversos  sectores que integran a comunidade educativa: Pais e nais, alumnado e o profesorado.

O 6 de marzo iniciamos un curso no que 10 alumnos do centro  estanse formando como ALUMNADO AXUDANTE. O curso continuará os días 13, 20, 27 de marzo e 3 e 10 de abril.

O VENRES 14 ás 19:30 , a cargo de Carmén Loureiro, os pais e nais poderán escoitar a unha experta falando sobre "O Reto de educar na adolescencia".

E tamén o próximo venres iniciarase un curso sobre o alumnado axudante dirixido ao profesorado do centro. Hai xa anotados 20 profesores/as. O curso será os venres 14, 21 e 28 de marzo de 15:30 a 18:30.

O Departamento de Mediación do IES Parga Pondal.

lunes, 10 de marzo de 2014





  
 
Momento da charla que tivo lugar o xoves 20 de xaneiro para as nais e pais sobre os usos de Internet na adolescencia.

miércoles, 19 de febrero de 2014

Charla para nais e pais sobre Internet


Dende o Departamento de Mediación temos programado para o xoves 20 de febreiro unha charla dirixida ás nais e pais do noso centro, a cargo de Jorge Ruso, co título "USOS E RISCOS DA INTERNET MÓBIL NA ADOLESCENCIA".

A charla será a partires das 18:45 h. na sala de audiovisuais  do centro.

Agardamos que sexa do interese das familias.

O Departamento de Mediación do IES Parga Pondal.

martes, 28 de enero de 2014

XORNADAS FORMACIÓN MEDIADORES

Cos Obxectivos de fomentar unha boa relación entre as persoas que participan na mediación ; de aumentar o desenvolvemento de actitudes cooperativas no
tratamento dos conflitos; de contribuír a desenvolver a capacidade de diálogo e á mellora das habilidades comunicativas, sobre todo a escoita activa;  de favorecer a busca de solucións autónomas e negociadas e, de axudar á resolución de disputas de forma máis rápida e menos custosa, o departamento de mediación do noso centro, celebrou os dias 17,18, 19 e 20 de decembro unhas xornadas sobre mediación.


Os 3 primeiros días asistiron os alumnos mediadores de 1º da ESO. O venres 20  tivo lugar o encontro de todo o equipo de mediadores ao que incorporaron todos os alumnos/as e o profesorado formados en anos anteriores. Rematamos a xornada cunha chocolatada.




A participación de todos os rapaces a rapazas foi moi positiva e demostraron estar moi interesados na resolución de conflitos, así mesmo puxeron moita ilusión por aprender. Desde o equipo de mediación agradecemos a súa participación.

lunes, 2 de diciembre de 2013

Actividades de Mediación 1º trimestre. Curso 2013/14

Os próximos martes 17, mércores 18 e xoves 19 de decembro de 10 a 11:30 e de 12 a 14:30 no departamento de Mediación do IES Parga Pondal organizamos un curso de FORMACIÓN DE NOVOS MEDIADORES. Contamos xa con 18 novos voluntarios que desexan colaborar na resolución de conflitos  e neses días formaranse como mediadores do noso centro.

Tamén o venres 20 de decembro teremos outra xornada adicada á Mediación. Pensando na importacia de intercambiar valoracións entre novos e antigos mediadores,  adicaremos de 9 a 11h a formación e de 11 a 11:30 haberá un encontro arredor dunha chocolatada.

Departamento de Mediación do IES Parga Pondal