A Charla de Carmen Loureiro tivo moito éxito entre os pais e nais do noso centro.
Mantendo que, "educar na adolescencia é un encaixe de bolillos complicado", deu unha serie de pautas para facelo. Entre elas:
- Hai que saber cando dicir si e cando non, sen caer en trampas ou chantaxes emocionais, sen crear mozos ou mozas que non resistan a frustración.
- Hai que traballar a educación emocional dos adolescentes , sobre todo a capacidade de buscar solucións por si mesmos.
- Hai que traballar a empatía e a asertividade.
Deixounos claro que educar é unha cuestión que afecta a toda a sociedade e insistiu na importancia da unión dos pais e o profesorado no obxetivo común de educar aos rapaces e rapazas.
Desde o Departamento de Mediación do IES Parga Pondal, dámoslle as grazas a Carmen Loureiro.