jueves, 19 de mayo de 2011

XORNADAS ARCE PARA NOVAS AGRUPACIÓNS

Os días 8, 9 y 10 de abril a Dinamizadora da Convivencia e a Orientadora do Instituto asistimos en Madrid ás Xornadas sobre o  “Programa ARCE”. O obxectivo era presentar este  Programa de Cooperación Territorial e facilitar un espacio de encontro entre profesionais de diferentes centros docentes das distintas comunidades autónomas interesados  en elaborar proxectos comúns que incidan na mellora da calidade da educación. Alí coñecemos a docentes de:  IESO "Ciudad de Luna" de Huete Cuenca, CEIP de Tordesillas que estaban interesados en formar unha agrupación para traballar as redes de convivencia. Ademáis destes dous centros tamén están interesados en agruparse con nós  un IES Puçol de Valencia, IES Jandía de Fuerteventura e un IES Los Moriscos de Badajoz.