ALUMNADO AXUDANTE


CURSO DE FORMACIÓN PARA ALUMNOS AXUDANTES NO IES ISIDRO PARGA PONDAL DE CARBALLO


No IES Isidro Parga Pondal de Carballo, realizarase o curso “Formación de Alumno Axudante” durante os días 20 e 21 de decembro. Esta actividade encuádrase dentro do “Programa de Apertura de Centros Educativos fóra do horario lectivo” que ven desenvolvendo o Concello de Carballo e  vai dirixido ós alumnos mediadores formados neste centro durante os tres últimos anos. A formación deste curso será impartida por Chissem (Asociación para a Prevención e Intervención Psicolóxica )

Este programa de “axuda entre iguais” ten como obxectivo que os mediadores apoien ós seus compañeiros nas necesidades que van xurdindo no día a día: desavenencias, situacións de indefensión, tristeza, aillamento social, alumnado recién incorporado ó centro,… ,situacións que acostuman a pasar despercibidas ós adultos.

Gracias a  labor do alumno axudante créase un clima de aceptación mútua, mellóranse as relacións interpersoais, apoiase a integración dos novos alumnos… potenciando as capacidades de relación, incrementando a súas responsabilidades e confianza en sí mesmos; é decir, son sistemas de apoio que brindan orientación a compañeiros con necesidade de comunicar o seu malestar persoal,  reducindo situacións violentas e de sufrimento e favorecendo unha mellor integracción social no seu conxunto..

Para poder prestar esta relación de axuda, necesítase unha formación específica que posibilite incrementar as súas competencias sociais.  Neste taller de entrenamento, traballarán o tratamento de conflictos, a resolución de problemas, técnicas de comunicación, a empatía e o compromiso ético entre outras.