miércoles, 15 de marzo de 2017

FORMACIÓN ALUMNADO AXUDANTE. CURSO 2016-17

      No presente curso, no  IES Parga Pondal, desde o Departamento de Mediación, impartiuse, un ano mais, un curso para formar  alumnado Axudante, unha figura moi importante para a convivencia do centro.
      O papel do alumnado Axudante é o dun observador da vida escolar. Permite a anticipación, e polo tanto, axuda a previr e a evitar situacións de conflicto que poidan xurdir nas aulas.
      Mantéñense reunións períodicas entre o profesorado do departamento de Mediación e o alumnado axudante para trasladar propostas ou posibles problemáticas.
      Neste curso participaron  alumnos e alumnas seleccionados polos seus compañeiros e compañeiras, despois dun bo traballo na aula por parte dos titores e titoras do noso centro.





      Estas son algunas fotos desta actividade formativa.