viernes, 28 de noviembre de 2014

Ciclo sobre O BO USO DAS TICS







Ten
Interconexións
.Com
Sentidiño
Desde o departamento de Mediación consideramos que dado o número crecente de problemas asociados ás novas tecnoloxías, era importante concienciar, sobre todo ao alumnado de secundaria por ser o mais vulnerable, dos riscos dun mal uso das novas tecnoloxías.
Baixo o Proxecto "TEN INTERCONEXIÓNS.COM SENTIDIÑO" deseñamos un programa de diferentes actividades que se irá desenvolvendo ao longo do curso. A Primeira destas actividades dirixida ao alumnado de secundaria será "Riscos en INternet" e terá lugar no noso centro desde o 17 de novembro ata o 2 de decembro.

miércoles, 5 de noviembre de 2014

Benvida ao curso 2014/15. Camiñada Razo-Caión


Desde o equipo de Mediación saúdamos ao curso 2014/15. Seguimos co proxecto Alumnado Axudante que presentamos nas aulas durante o mes de outubro. Continuamos dándonos a coñecer entre o alumnado novo e aos pais e nais do noso centro.
Pero a mellor maneira de dar a benvida a este curso é presentándovos unha das primeiras actividades que acabamos de facer
O sábado 25 de outubro fixemos unha camiñada polo litoral carballés chegando ata o concello de Laracha. Desde Razo ata Caión, pasando por Baldaio, todo pola costa, un grupo de membros da comunidade educativa (profesorado, dirección, personal non docente do centro, membros da Ampa...) disfrutamos dunha moi agradable xornada de convivencia O bo tempo acompañounos en todo momento.

Aquí van algunhas das fotografías que fixemos ese día.







martes, 29 de abril de 2014

CURSO ALUMNADO AXUDANTE

Durante 6 xoves, un grupo de alumnos e alumnas do noso centro, o IES Parga Pondal, estivéronse formando como "Alumnado Axudante"

Desde o Departamento de Mediación facemos unha valoración moi positiva. De agora en diante,  estes alumnos e alumnas iniciarán o seu traballo como Alumno/a Axudante nas súas aulas


CURSO DE FORMACIÓN PARA PROFESORADO SOBRE ALUMNADO AXUDANTE






O venres 28 de marzo rematamos o curso de formación para o profesorado sobre "Alumnado axudante". 
 
Foron tres xorandas intensas nas que os profesores e profesoras do IES Parga Pondal poidamos traballar , e sobre todo aprender para poñer en  practica os  coñecementos sobre Mediación.



martes, 25 de marzo de 2014

O dificil reto de educar na adolescencia. Charla de Carmen Loureiro




A Charla de Carmen Loureiro tivo moito éxito entre os pais e nais do noso centro.

Mantendo que, "educar na adolescencia é un encaixe de bolillos complicado", deu unha serie de pautas para facelo. Entre elas:

- Hai que saber cando dicir si e cando non, sen caer en trampas ou chantaxes emocionais, sen crear mozos ou mozas que non resistan a frustración.

- Hai que traballar a educación emocional dos adolescentes , sobre todo a capacidade de buscar solucións por si mesmos.

- Hai que  traballar a empatía e a asertividade.

Deixounos claro que educar é unha cuestión que afecta a toda a sociedade e insistiu na importancia da unión dos  pais e o profesorado no obxetivo común de educar aos rapaces e rapazas.

Desde o Departamento de Mediación do IES Parga Pondal, dámoslle as grazas a Carmen Loureiro.

martes, 11 de marzo de 2014

ACTIVIDADES DURANTE A SEMANA PARA O ALUMNADO, O PROFESORADO E AS FAMILIAS

Nesta semana terán lugar no noso centro varias actividades dirixidas a os diversos  sectores que integran a comunidade educativa: Pais e nais, alumnado e o profesorado.

O 6 de marzo iniciamos un curso no que 10 alumnos do centro  estanse formando como ALUMNADO AXUDANTE. O curso continuará os días 13, 20, 27 de marzo e 3 e 10 de abril.

O VENRES 14 ás 19:30 , a cargo de Carmén Loureiro, os pais e nais poderán escoitar a unha experta falando sobre "O Reto de educar na adolescencia".

E tamén o próximo venres iniciarase un curso sobre o alumnado axudante dirixido ao profesorado do centro. Hai xa anotados 20 profesores/as. O curso será os venres 14, 21 e 28 de marzo de 15:30 a 18:30.

O Departamento de Mediación do IES Parga Pondal.

lunes, 10 de marzo de 2014





  
 
Momento da charla que tivo lugar o xoves 20 de xaneiro para as nais e pais sobre os usos de Internet na adolescencia.

miércoles, 19 de febrero de 2014

Charla para nais e pais sobre Internet


Dende o Departamento de Mediación temos programado para o xoves 20 de febreiro unha charla dirixida ás nais e pais do noso centro, a cargo de Jorge Ruso, co título "USOS E RISCOS DA INTERNET MÓBIL NA ADOLESCENCIA".

A charla será a partires das 18:45 h. na sala de audiovisuais  do centro.

Agardamos que sexa do interese das familias.

O Departamento de Mediación do IES Parga Pondal.

martes, 28 de enero de 2014

XORNADAS FORMACIÓN MEDIADORES

Cos Obxectivos de fomentar unha boa relación entre as persoas que participan na mediación ; de aumentar o desenvolvemento de actitudes cooperativas no
tratamento dos conflitos; de contribuír a desenvolver a capacidade de diálogo e á mellora das habilidades comunicativas, sobre todo a escoita activa;  de favorecer a busca de solucións autónomas e negociadas e, de axudar á resolución de disputas de forma máis rápida e menos custosa, o departamento de mediación do noso centro, celebrou os dias 17,18, 19 e 20 de decembro unhas xornadas sobre mediación.


Os 3 primeiros días asistiron os alumnos mediadores de 1º da ESO. O venres 20  tivo lugar o encontro de todo o equipo de mediadores ao que incorporaron todos os alumnos/as e o profesorado formados en anos anteriores. Rematamos a xornada cunha chocolatada.




A participación de todos os rapaces a rapazas foi moi positiva e demostraron estar moi interesados na resolución de conflitos, así mesmo puxeron moita ilusión por aprender. Desde o equipo de mediación agradecemos a súa participación.