jueves, 19 de abril de 2012

O pasado Xoves 12 de Abril , un grupo de profesores do noso Centro, tivemos ocasión de poder escoitar a Ayelén Losada da Fundación María Langer de Madrid e facer unha reflexión profunda sobre o rol do profesor e as esixencias da sociedade que nos asignan nas nosas funcións como docentes, entendendo éstas como unha gran sobrecarga ou omnipotencia e esto fai que, consecuentemente , en moitos dos casos vaia unido a sentimentos de impotencia.
Esta charla tamén nos proporciona un enfoque máis amplo, dende un paradigma social da educación. Os individuos que comformamos os distintos grupos sociáis, somos algo máis que a suma de seres individuáis. Relacionado con todo isto , está demostrado que a inteligencia colectiva é capaz de dar respostas eficaces a moitas das situacións que se nos presentan na práctica educativa.
Son escasos os coñecementos que temos sobre Piscoloxía Social, tan importantes para aplicar técnicas de dinamización grupal e aprendizaxes cooperativas dentro da aula. Tamén é insuficiente a nosa formación en Psicoloxía Evolutiva, sendo esencial para poder entender os nosos adolescentes e os estadios polos que pasan no desenvolvemento do pensamento formal-abastracto.