CURSO "ALUMNADO AXUDANTE"
no IES PARGA PONDAL
Desde o departamento de Mediación continuamos coas actividades de formación. O xoves 11 de febreiro, despois das vacacións de Antroido, iniciamos o curso de "Alumnado Axudante" no cal están inscritos 11 alumn@s (9 de 1º de ESO e 2 de 2º de ESO). O alumnado participante neste curso foi elexido polos seus propios compañeir@s por contribuir e colaborar na dinámica positiva do seu curso.