Cos Obxectivos de fomentar unha boa relación entre as persoas que participan na mediación ; de aumentar o desenvolvemento de actitudes cooperativas no
tratamento dos conflitos; de contribuír a desenvolver a capacidade de diálogo e á mellora das habilidades comunicativas, sobre todo a escoita activa; de favorecer a busca de solucións autónomas e negociadas e, de axudar á resolución de disputas de forma máis rápida e menos custosa, o departamento de mediación do noso centro, celebrou os dias 17,18, 19 e 20 de decembro unhas xornadas sobre mediación.
Os 3 primeiros días asistiron os alumnos mediadores de 1º da ESO. O venres 20 tivo lugar o encontro de todo o equipo de mediadores ao que incorporaron todos os alumnos/as e o profesorado formados en anos anteriores. Rematamos a xornada cunha chocolatada.
A participación de todos os rapaces a rapazas foi moi positiva e
demostraron estar moi interesados na resolución de conflitos, así mesmo puxeron moita ilusión por aprender. Desde o equipo de mediación agradecemos a súa participación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario