martes, 29 de mayo de 2018


Outras Actividades que se desenvolveron ao
 longo do curso 17-18 no noso centro 
IES Parga Pondal, dentro do proxecto de 
Mediación e Convivencia:
        En colaboración coa asociación carballesa Vieiro, desenvolvimos un curso para traballar as habilidades Sociais e así favorecer a integración do alumnado na vida do centro. Tamén contado co apoio de Vieiro e os Servizos Sociais do concello, puxemos a andar un programa de apoio ás familias que procura contrarrestar as problemáticas familiares diversas que se poden dar no entorno mais cercano do alumno e que lle afecta persoal e académicamente (por exemplo, o uso indebido e abusivo das novas tecnoloxías, ...).

        Asimesmo,con profesorado voluntario que traballa persoalmente co alumnado que pode presenta conductas contrarias á convivencia, búscase reconducir a súa actitude por medio de actuacións que promovan á reflexión e o alumno ou alumna, tome conciencia e recapacite sobre a súa actitude.

        O departamento de Mediación encargado da convivencia escolar no IES Parga Pondal, agradecemos a implicación de profesorado, alumnado e familias ademáis de axentes externos como Vieiro ou os Servizos Sociais do concello. Pois entre todos buscamos construir unha convivencia na comunidade educativa baseada na tolerancia e no respeto á diversidade.
        É importante facer visible este traballo que desde moitos centros de ensino en Galicia se está a desenvolver e que dá moi bos resultados na mellora do clima escolar; sobre todo cando aparecen novas e artigos sobre violencia na escola que crean a sensación de “xeneralidade” e transmiten moita preocupación ÁS FAMILIAS.


    CURSO 2017/18
 IES PARGA PONDAL
 MEDIACIÓN

"O noso centro xa conta con
 alumnado axudante en todos os
 cursos da ESO"

  • Ademais da formación en “Alumnado Mediador” iniciada no curso 2007/08 e que fai posible contar en todos os cursos con alumnos e alumnas mediadores (actúan como intermediarios na resolución de conflictos no centro) , xa levamos 5 anos co programa  “Alumnado Axudante”, unha figura que nas aulas serve para favorecer a integración de novos alumnos e detectar conflictos que comenzan sendo pequenos problemas e así previr a súa derivación en problemas mais graves como o acoso. No presente curso, xa contamos con este tipo de alumnado en todos os niveis da ESO.  
  • A selección do “Alumno Axudante” comeza no alumnado de 1º da ESO, que chega ao centro por vez 1ª, cun traballo previo dentro da aula por parte dos titores para que despois os candidatos/as sexan elexidos entre os seus propios compañeiros. Logo terán, unha formación específica que no presente curso comenzou o 15 de febreiro e continuou o mediodía dos xoves.
      Así recollía a nova A Voz de Galicia, na edición de Bergantiños: 
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2018/03/01/parga-pondal-alumnado-axudante-cursos/0003_201803C1C7994.htm