martes, 29 de mayo de 2018



    CURSO 2017/18
 IES PARGA PONDAL
 MEDIACIÓN

"O noso centro xa conta con
 alumnado axudante en todos os
 cursos da ESO"

  • Ademais da formación en “Alumnado Mediador” iniciada no curso 2007/08 e que fai posible contar en todos os cursos con alumnos e alumnas mediadores (actúan como intermediarios na resolución de conflictos no centro) , xa levamos 5 anos co programa  “Alumnado Axudante”, unha figura que nas aulas serve para favorecer a integración de novos alumnos e detectar conflictos que comenzan sendo pequenos problemas e así previr a súa derivación en problemas mais graves como o acoso. No presente curso, xa contamos con este tipo de alumnado en todos os niveis da ESO.  
  • A selección do “Alumno Axudante” comeza no alumnado de 1º da ESO, que chega ao centro por vez 1ª, cun traballo previo dentro da aula por parte dos titores para que despois os candidatos/as sexan elexidos entre os seus propios compañeiros. Logo terán, unha formación específica que no presente curso comenzou o 15 de febreiro e continuou o mediodía dos xoves.
      Así recollía a nova A Voz de Galicia, na edición de Bergantiños: 
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2018/03/01/parga-pondal-alumnado-axudante-cursos/0003_201803C1C7994.htm

No hay comentarios:

Publicar un comentario