Outras Actividades que se desenvolveron ao
longo do curso 17-18 no noso centro
IES Parga Pondal, dentro do proxecto de
Mediación e Convivencia:
En colaboración
coa asociación carballesa Vieiro, desenvolvimos un curso para traballar as habilidades
Sociais e así favorecer a integración do alumnado na vida do centro.
Tamén contado co apoio de Vieiro e os Servizos Sociais do concello, puxemos a
andar un programa de apoio ás familias que procura contrarrestar as
problemáticas familiares diversas que se poden dar no entorno mais
cercano do alumno e que lle afecta persoal e académicamente (por
exemplo, o uso indebido e abusivo das novas tecnoloxías, ...).Asimesmo,con profesorado voluntario que traballa persoalmente co alumnado que pode presenta conductas contrarias á convivencia, búscase reconducir a súa actitude por medio de actuacións que promovan á reflexión e o alumno ou alumna, tome conciencia e recapacite sobre a súa actitude.
O departamento de
Mediación encargado da convivencia escolar no IES Parga Pondal,
agradecemos a implicación de profesorado, alumnado e familias
ademáis de axentes externos como Vieiro ou os Servizos Sociais do
concello. Pois entre todos buscamos construir unha convivencia na
comunidade educativa baseada na tolerancia e no respeto á
diversidade.
É importante facer visible este traballo que desde moitos
centros de ensino en Galicia se está a desenvolver e que dá moi bos
resultados na mellora do clima escolar; sobre todo cando
aparecen novas e artigos sobre violencia na escola que crean a
sensación de “xeneralidade” e transmiten moita preocupación ÁS
FAMILIAS.