lunes, 10 de marzo de 2014
miércoles, 19 de febrero de 2014
Charla para nais e pais sobre Internet
Dende o Departamento de Mediación temos programado para o xoves 20 de febreiro unha charla dirixida ás nais e pais do noso centro, a cargo de Jorge Ruso, co título "USOS E RISCOS DA INTERNET MÓBIL NA ADOLESCENCIA".
A charla será a partires das 18:45 h. na sala de audiovisuais do centro.
Agardamos que sexa do interese das familias.
O Departamento de Mediación do IES Parga Pondal.
martes, 28 de enero de 2014
XORNADAS FORMACIÓN MEDIADORES
Cos Obxectivos de fomentar unha boa relación entre as persoas que participan na mediación ; de aumentar o desenvolvemento de actitudes cooperativas notratamento dos conflitos; de contribuír a desenvolver a capacidade de diálogo e á mellora das habilidades comunicativas, sobre todo a escoita activa; de favorecer a busca de solucións autónomas e negociadas e, de axudar á resolución de disputas de forma máis rápida e menos custosa, o departamento de mediación do noso centro, celebrou os dias 17,18, 19 e 20 de decembro unhas xornadas sobre mediación.

Os 3 primeiros días asistiron os alumnos mediadores de 1º da ESO. O venres 20 tivo lugar o encontro de todo o equipo de mediadores ao que incorporaron todos os alumnos/as e o profesorado formados en anos anteriores. Rematamos a xornada cunha chocolatada.
A participación de todos os rapaces a rapazas foi moi positiva e demostraron estar moi interesados na resolución de conflitos, así mesmo puxeron moita ilusión por aprender. Desde o equipo de mediación agradecemos a súa participación.
lunes, 2 de diciembre de 2013
Actividades de Mediación 1º trimestre. Curso 2013/14
Os próximos martes 17, mércores 18 e xoves 19 de decembro de 10 a 11:30 e de 12 a 14:30 no departamento de Mediación do IES Parga Pondal organizamos un curso de FORMACIÓN DE NOVOS MEDIADORES. Contamos xa con 18 novos voluntarios que desexan colaborar na resolución de conflitos e neses días formaranse como mediadores do noso centro.
Tamén o venres 20 de decembro teremos outra xornada adicada á Mediación. Pensando na importacia de intercambiar valoracións entre novos e antigos mediadores, adicaremos de 9 a 11h a formación e de 11 a 11:30 haberá un encontro arredor dunha chocolatada.
Departamento de Mediación do IES Parga Pondal
Tamén o venres 20 de decembro teremos outra xornada adicada á Mediación. Pensando na importacia de intercambiar valoracións entre novos e antigos mediadores, adicaremos de 9 a 11h a formación e de 11 a 11:30 haberá un encontro arredor dunha chocolatada.
Departamento de Mediación do IES Parga Pondal
martes, 14 de mayo de 2013
martes, 7 de mayo de 2013
Xornadas de Convivencia en Negreira
viernes, 3 de mayo de 2013
Arce en Voces de Bergantiños-Carballo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



